Friday 13 de September de 2024

Marta Abal alerta do impacto económico nas arcas municipais do acordo entre Xunta e Concello para a construción do aparcadoiro do CHUS


▪ A edil socialista asegura que a bonificación do IBI que se propón para o Clínico e o futuro centro de protonterapia suporá un desembolso anual para o Concello de preto de un millón de euros

▪ Reclamará aos servizos económicos municipais que “informen da viabilidade da operación e as súas consecuencias na estabilidade financeira do Concello”

Preto de un millón de euros anuais, é o que suporá para as arcas municipais o acordo entre Xunta e Concello para iniciar o desbloqueo da cues:ón do aparcadoiro do Hospital Clínico. E é que, de materializarse o protocolo nos termos actuais, o Concello tería que facer fronte a unha exención á Xunta do imposto do IBI polas instalacións do Hospital Clínico e o futuro centro de Protonterapia. Isto suporía, segundo alertan desde as filas socialistas, que o Concello “deixara de ingresar sine die preto de un millón de euros tódolos anos”.

“É falso que o Concello pague só o 10% da actuación” asegura Marta Abal que insiste no preocupante de esta cues:ón para a estabilidade financeira do Concello nos futuros anos: “reclamaremos aos servizos económicos que informen da viabilidade da operación”.
Tamén neste sen:do aféalle ao goberno local a falta de “transparencia e franqueza coas veciñas e veciños” e pídelle a SanmarSn “claridade” sobre os termos reais nos que está formulado o borrador de protocolo sobre esta cues:ón. Un protocolo que, lembra ademais, “non ten carácter vinculante” polo que tampouco compromete a ningunha das partes a levar a cabo o que se plasma no papel. Precisamente esta mesma semana, a tamén edil socialista, Mercedes Rosón, afeaba esta mesma cues:ón ao goberno local e, aínda que recoñecía o avance, defendeu a necesidade de chegar a un “convenio formal que comprometa realmente a Xunta e Concello”.
“A letra pequena deste principio de acordo non se axusta á postura común que sempre defendemos as forzas progresistas do Concello”

Entre apelacións ao goberno local para que aclare cal vai ser o impacto económico de este acordo, Marta Abal lamentou que na negociación para alcanzar unha solución de mobilidade para o CHUS fose o Concello o que cedera: “aceptamos a localización que quería a Xunta, aceptamos aportar o 10% da financiación e incluímos a bonificación do imposto de obra”. Sobre iso úl:mo, a bonificación do ICIO, lembra que esta exención suporá unha aportación de máis de 1,2 millóns de euros a maiores.

Lembran ademais desde as filas socialistas que o aparcadoiro do Hospital Clínico daría servizo aos usuarios dun hospital que é de referencia para 46 municipios, algúns incluso de fóra da provincia da Coruña.
“Todas queremos resolver o problema da mobilidade na contorna no CHUS” asegura Abal, pero que incide en que o “protocolo que se anuncia non supón ningún compromiso firme por parte da Xunta” e, recoñece ademais que, “a letra pequena de este acordo, a falta de aclaracións, xa non se axusta tanto á postura común que sempre defendemos as forzas progresistas de este Concello”.